A lingua éuscara (4º da ESO)

 Vexamos o seguinte mapa da fragmentación do latín no sur de Europa:











Desde a chegada dos romanos no século primeiro, a lingua latina comeza implantarse na Península e inicia a súa evolución e fragmentación que dará lugar, por volta do século IX aos diferentes romances peninsulares. Tres séculos máis tarde aparecen as primeiras manifestacións escritas das diferentes linguas:









O éuscaro

Que sabedes do éuscaro? Escoitastes algunha vez falar en éuscaro? Escoitade este vídeo da poeta Miren Agur Meabe. 


Pesquisamos

Abre a Galipedia e busca:

  1. Quen é Miren Agur Meabe? Cal é a súa última obra de poesía? Ten algún libro traducido para o galego?, cal?
  2. Agora busca "lingua éuscara". Onde se fala?
  3. Que tipo de lingua é e de onde procede?
  4. Cal é o estatus oficial do éuscaro?
  5. Ten variantes dialectais? Cantas?
  6. Como se denomina a súa variedade estándar?
  7. Busca "literatura éuscara". De que ano é a primeira obra integramente escrita en éuscaro? Cal é?

  8. Que é "Eusko Pizkundea"?
  9. Bernardo Atxaga. Quen é? Que xéneros escribe? 

Con acento e sen complexos

Escoita o vídeo "El acento vasco" con atención. Teñen o mesmo acento cando falan en éuscaro e cando falan en español?

Palabras do éuscaro no galego:

O léxico dunha lingua contén préstamos, é dicir, palabras que proceden doutras linguas e que se incorporan á nosa porque nomean un concepto ou idea nova que non estaba recollida na nosa lingua. Dese xeito incorporamos palabras doutras linguas, por exemplo do éuscaro.

Algunhas son palabras éuscaras que chegan ao galego como abur, (de agur),  esquerda (de ezkerra), aquelarre, chatarra, chirimbolo, chirla*, chistera, ganzúa, guiri ou mus. Outras son palabras procedentes doutras linguas, mais que chegan a nós a través do éuscaro: angula (vén do latín, mais a través do éuscaro), bacallau* (que o éuscaro toma do neerlandés cabbeliau) ou chabola*.

Como comentamos ao falar das xergas, moitas palabras do éuscaro foron incorporadas ás falas gremiais, grazas ao contacto entre os canteiros galegos e éuscaros, mais non foi o único contacto entre os nosos pobos. Na alta idade media, a caza da balea trouxo aos portos do Cantábrico mariñeiros vascos que se instalaron en diferentes lugares da costa. Talvez por iso, varios dos préstamos do éuscaro son palabras do campo semántico da pesca (marcadas con *).

Escoita estas cancións 

Canción de Benito Lertxundi sobre a caza da balea: "Balearen bertsoak". Mentres escoitas vai lendo o texto e repara na forma en que pronuncia as vogais e consoantes palatais e tamén os dígrafos propios da lingua vasca: tx, tx, tz.

Rozalén, oriúnda de Albacete, canta en éuscaro sen ser esta a súa lingua. A canción que imos escoitar está composta a partir dun poema de Xabier Lete dedicado á morte de Fernando Aire "Xalbador", bertsolari nacido en Urepele en 1920, que faleceu o mesmo día en que lle ían render unha homenaxe. A canción titúlase Xalbadorren Heriotzean e podes ler, mentres a escoitas, a súa tradución ao español.

Ampliación

https://youtu.be/BruUEhcKx-I?feature=shared




Comentarios