O mariscal

O Mariscal traxédia histórica en verso por Ramon Cabanillas e Antonio Villar Ponte, dibuxos de Cebreiro, ediciós Lar.jpg

DONA SABELA

¡Todo
de sangue está tinguido! ¡As tres cabezas
rolan pol-o taboado! ¡O sangue! ¡O sangue!
¡Cómo deita, meu Dios! ¡Moven os beizos!
craban en min doentes os seus ollos
que xa viron a morte!

¡Enche a cibdade
o sangue! ¡Corre a regos pol-as rúas!
¡Cobre o val…! ¡Chega ô ceo! ¡Tingue as nubes!
¡É un mar de sangue roxo…!

¡Ou! ¡O verdugo
penduradas da man, pol-os cabelos,
amostra ô povo as pálidas cabezas!
¡Rube o mar! ¡Rube o mar de sangue ardente!
¡É o sangue dos meus!

¡Señor! ¡Piedade!

BOLAÑO

¡Xa trunfache Castela! ¡Xa venceche
do brazo co-a traición e co-a inxusticia!

¡Señor e Pai! ¡Túa groria ôs que caíron
e piedade pra nós e pra Galicia!


Para saber máis sobre a obra e a personaxe histórica:

Proposta de traballo:
  • Cando escriben Cabanillas e Vilar Ponte esta obra?
  • Por que deciden facelo?
  • Quen é a personaxe histórica protagonista?
  • Que representa esta personaxe para os autores das Irmandades?
  • Cal é o argumento da obra?
  • Coincide cos feitos históricos? Razoa a resposta.

Comentarios