O alumnado de 2º escribiu os seguintes poemas sobre O sol, a partir dun exercicio do libro de texto:
O sol é novo
coma o ouro
e non sabe onde vai
sen pai e nai
Hugo
O sol é novo
de cabelo loiro
vai ao seu traballo
fai o seu choio.
É amarelo
moitos raios dá
con pouca luz no inverno
e moita no verán.
Omar
O sol dános calor
e énchenos de cor
dános luz todo o día
que nos dá alegría.
Yeray
O sol é moi brillante
coma as estrelas no ceo
iluminan todo o de diante
sen prender lámpadas con receo.
Sofía
O sol é laranxa
como o doce amencer ,
igual que os seus ollos
ao chorar a primeira vez.
Levántase pola maña
e á noite volve caer
pero durante o día,
o seu sonriso nos deixa ver.
É un pracer,
velo erguer
pero cando se vai
nos deixa desolados.
Ti nos acaricias
ca túa man de ouro,
que con ela nos aloumiñes
é un tesouro.
Tristes estamos,
nos días chuviosos
porque as túas palabras nos consolan,
nos días penosos.
Pola noite, non te podemos ver,
anda que os teus raios
a lúa nos deixe ver.
Jéssica
O Sol é velliño,
de dourados cabelos,
cunha longa barba
de abrasantes pelos.
Anda polo universo
de xefe supremo,
pois atrae a un planeta
en cada extremo.
Viste bufandas vermellas
pero non un chaquetón,
pois a calor sintetízase
no seu propio corazón.
Andrea
O señor sol,
cada vez máis velliño,
sen ningún veciño,
el vive soíño.
O señor sol,
semipreciosas sae
por un lado
ou outro,
sempre co mesmo resplandor.
Ai meu sol!,
non sei cantos soles
máis vas durar.
Ana
O sol é bonito
O sol é bonito
con cabelo dourado
de corazón ardente
fervendo de lado a lado.
Despois da lúa
ven esta estrela
para alumar
a nosa terra.
O sol é marabilloso
é todo é arte
esta estrela
vai a coidarte.
Dános luz
e tamén calor
cando temos frío
quita o tremor.
Fonte de poder
a enerxía solar
dános a vida
para poder soñar.
Sen el morreriamos
non habería vida
hai que darlle
o que nos pida.
Sara
Comentarios
Publicar un comentario