Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

Un dos temas transversais que podemos, ou debemos, tratar na aula é a erradicación da violencia contra as mulleres. De feito é unha das datas recollidas no Calendario escolar para a súa conmemoración.

Para a aula de literatura galega temos unha ferramenta perfecta: a poesía.

Estas unidades didácticas que comparto a continuación, utilizan a poesía das nosas escritoras para reflexionar co noso alumnado e avanzar na eliminación da violencia.

Esta é para 1º e 2º da ESO e traballa cun poema de Rosalía:
25 de novembro. A loita contra a violencia de xénero a través da literatura galega. 1º ciclo

Estroutra está pensada para 4º e traballa con poemas de Lupe Gómez, Mª Carmen Caramés, Berta Dávila e Paco Souto:
25 de novembro. A loita contra a violencia de xénero a través da literatura galega.


E para rematar, neste enlace está a presentación do relatorio presentado nas Xornadas de Lingua e Literatura deste 2018, con máis textos e datos:
http://www.cig-ensino.gal/nova/a-poesia-espazo-para-a-muller.html

Comentarios