Obradoiro de poesía. 4º da ESO
"Escribir ante todo é coñecer. Non rematas de coñecer algo da túa vida ata que o escribes. E logo tamén é a procura da fermosura. Por iso detrás disto hai unha defensa da literatura como beleza", Miguel Anxo Mato Fondo, entrevista en La Opinión, 18 xaneiro, 2019
- Falamos das vangardas e xa coñecemos os alicerces da poesía actual.
- Falamos de poesía e analizamos como se usan as palabras, o seu valor connotativo e denotativo, como se aplican os recursos para procurar a beleza do texto.
- Non esquezamos que a poesía é ritmo.
- Traballamos sobre a situación da lingua e os prexuízos lingüísticos, tentando comprender que sucede para sermos sensíbeis coa necesidade de cambiar a situación da lingua
E agora, podemos utilizar todas estas ferramentas para expresármonos tamén a través da palabra poética?
Podes consultar o obradoiro neste enlace.
Comentarios
Publicar un comentario