Primeiro paso. Microrrelatos 1. Sombra e bolboreta

Nesta semana de abril imos traballar o microrrelato.
As propostas de creación son as recollidas no exercicios do libro de texto.
Nesta entrada está a primeira: un microrrelato que conteña as palabras SOMBRA e BOLBORETA.
Lembrade as instrucións!

Comentarios

  1. Unha mañá agradable de maio a bolboreta saíu da súa crisálide, facia bo tempo, o sol cheaba de luz todo o campo e o orballo da maña enchía as follas das prantas, a nosa bolboreta botou a voar e mirou a súa sombra:
    - Que bonita son - pensou
    Despois desto dispúxose a facer a súa primeira comida do día, entrou nunha bonita rosa que desprendia un riquísimo aroma, encheu o seu pequeno estomago de pole e marchou voando.
    -Que podo facer agora? - maquinou.
    Como non topou nada que facer quedou no seu árbore contemplando a paixase.

    ResponderEliminar
  2. A bolboreta era feliz. Espertaba ben entrada a tardiña e vía aquel neno xogando co seu pai. Desprendían a ledicia máis grande de todos os xardíns que ela vira.
    Un día como outro calquera, espertou á mesma hora de sempre. Notou unha posta de sol demasiado rápida, que semellaba atrapala como unha sombra e, ademais, cunha velocidade incríbel.
    O neno limpou o zapato no céspede e continuou xogando co seu pai.

    ResponderEliminar
  3. Releu o texto, escribiu a palabra FIN e apagou o ordenador.
    Por fin rematara de escribir as razóns do seu suicidio.

    ResponderEliminar
  4. Era un día de mañá, pasaba unha bolboreta polo xardín, dunha casa. E a nena que vivía na casa, viuna, e foi tras ela. A bolboreta notou que a estaban perseguindoa e cada vez voaba máis rápido. A nena seguiu perseguindoa, atá que de súpeto distraxose e perdeuna.
    A nena chamou o seu irmá, e disolle que a axudara. O irmá non lle contestou pero mandoa calar. Era porque había visto a sombra da bolboreta. Ao final, conseiguiu collela pero explicoulle á nena que teñe que vivir na natureza, e entre os dous deixaronna voar e quedaronse coa sombra da bolboreta.

    ResponderEliminar
  5. A bolboreta agochada tras a sombra

    É fráxil, é distinta, está gorda, está esquelética,non sabe o que di,vai demasiado "fresca", non sabe facer nada.
    Escóndese tras ese muro que foi construído a base de imporlle prexuízos,inseguridades…
    Escóndesde tras esa sombra que lle di que non pode salir de casa vestida desta ou desta outra forma.
    Pero o que non sabes, é que é libre,non depende de ninguén para voar como unha bolboreta, tan alto como ela quera, chea de enerxía e gañas de comerse o mundo.

    E dirán que non é más ca iso, unha muller,pero non teñen nin idea. Ela é o que move o mundo, que sin ela non estarías aquí, sin ela, non serías ninguén.

    ResponderEliminar
  6. Atopábase nun lugar seco, negro, pequeno, que é isto? Unha sombra cruzou diante súa, segundos despois comezou a sentirse máis libre, podía moverse. Un raio de luz a cegou e unha suave brisa fixo que se estremecera, chegou un arrecendo a flores silvestres e tentou abrir os ollos, atopábase nun campo, ao seu redor viu a miles de bolboretas saíndo da súa crisálida, ela era unha delas.

    ResponderEliminar
  7. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  8. Naquel momento sentíame libre, libre como bolboreta voando por primeira vez. Despois de todo o que acontecera nese hospital, tanto sangue, tanta quimio, pastillas, visitas etc. Sair posteriormente de dous anos, e facer o que eu quixera, sen que ninguén estivera detrás de min dicíndome o que tiña que facer era como una descarga. Durante ese tempo sempre estaba apagada, a miña vida era una sombra na que non deixaban de ocurrir cousas desagradables e perxuciciais para a miña saúde.
    Quero vivir a miña vida de adolescente sen preocupacións, lle dou ás grazas a esta vida por achegarme esta segunda oportunidade.


    Sara Ayuso

    ResponderEliminar
  9. Naceu. Con vigorosas cores propias dunha bolboreta. E voou alto. Tan alto que so quedou a sua sombra no recordo de todos aqueles que a viron levantar o vo.

    Blanca.

    ResponderEliminar
  10. Eran persoas libres, sentimentais, con ganas de vivir e cun futuro. Pero todo iso esfumouse ao aparecer esa sombra, esa que lles atrapou e todos os días recordáballes cousas que non querían lembrar, era coma un pesadelo, unha persoa sen sentimentos, e que si os seus segredos saíran a luz iría a cárcere…
    A esa sombra gustáballe coleccionar todas as bolboretas para xogar un rato e despois volver a mételas nun tarro para que non escapasen.
    Ata que un día todas decidiron berrar, cun pouco de medo, pero conseguiron romper o cristal do tarro e escapar, facendo xusticia cara a sombra.
    Por desgraza, non todas as historias rematan igual, algunhas bolboretas disécanse no camino.

    ResponderEliminar
  11. Era unha fermosa mañá de primavera e as flores estaban a punto de nacer, o canto dos paxaros bruaban a todo volume no prado a rentes da miña casa. Eu estaba sentada á sombra dun enorme carballo de máis de 100 anos, todas as tardes gustábame sentarme aí para poder facer os deberes tranquila sen a molestia dos meus irmáns pequenos. Un día como outro calquera ao vir do colexio, a árbore onde eu sempre estaba, unha masa de xente a rodeaba e de pas, cando me decatei a arbore estaba sendo derrubada por unha empresa de construción. Cando a árbore estaba caendo incontables bolboretas saíron voando das follas. Como todas elas quedaran sen casa por culpa da empresa decidín construír una pequena casa para elas no xardín traseiro da miña casa. Á mañá seguinte cando espertei millóns de bolboretas voaban por todo o xardín. Foi marabilloso.

    ResponderEliminar
  12. A Carolina sempre lle gustou ter mascotas, tiña moita variedade, cans, gatos, insectos… Pero faltáballe o seu insecto preferido, a bolboreta. O seu pai prometéralle que lle ía conseguir unha.

    Pasaron meses e meses intentando cazar unha, pero as bolboretas son moi difíciles de coller. Cando por fin colleu unha, decatouse que era unha especie en perigo de extinción. Por amor á súa filla, gardouna nun frasco e levouna para casa.

    A Carolina fíxolle moita ilusión ter unha nova mascota, mais o seu pai sentíase mal porque sabía que non estaba facendo o correcto quedando coa bolboreta. El vía que o insecto non estaba feliz na sombra daquel recipiente sen poder ver o sol nin voar polo xardín.

    Decidiu falar coa súa filla para chamar a protectora de animais, e contarlle que tiñan unha bolboreta en perigo de extinción. Fixoo. De alí a uns días viñeron os gardas forestais para levar a bolboreta. Carolina estaba triste. Porén, entendeu que a felicidade do animal facíaa a ele enormemente ditosa.


    Pepito

    ResponderEliminar
  13. A rapaza á que parece que nada lle importa pero que non tes nin idea do que sinte por dentro. De todo o que sufriu...
    Porque el non a merecía e ela estaba cansa de ser a súa sombra, de vivir atada ás súas cadeas. Que xa era hora de que fose feliz, de que alzase o voo e se vestise cos traxes máis vistosos. cal bolboreta.
    Que o amor é libre, eles eran a gaiola.
    Dime, quen é o animal agora?

    ResponderEliminar
  14. Era un día de verán como outro calquera, facía moita calor e unha bolboreta sobrevoaba un parque onde cinco nenos xogaban. Cando os nenos miraron ao chan, deronse conta de que unha pequena sombra movíase moi lento. Miraron cara arriba e viron como unha bolboreta de diversos cores voaba e voaba. Decidiron perseguila para ver a onde se dirixía, pasaron xunto unha árbore, xunto os columpios e chegaron a un pequeno lago. Os nenos non podían cruzalo pero non lle quitaban os ollos de enriba ao pequeno insecto. De súpeto, sen que ninguén o esperara unha ra sacou a súa lingua e comeu a bolboreta e con ela tamén desapareceu aquela pequena sombra.


    ResponderEliminar
  15. Bolboreta sempre estaba sola,non era porque non a queiran, senón porque ela gozaba a súa soidade.
    Dende que nacera, miraba en fite a súa sombra reflectida en todas as superficies: no chan, nos espellos, nas táboas… Perseguíaa. Ao principio aquilo asustábaa e rexeitaba ter aquela horrible sombra sempre detrás. Co tempo, cansa de tentar desfacerse dela sen éxito, percatouse de que os seus movementos eran os mesmos cós daquel espírito. Se ela se movía a sombra tamén, se ela se deitaba a sombra tamén. Entendeu entón que cada quen ten que aprender a vivir co seu propio reflexo, admiralo e nunca intentar matalo. Bolboreta endexamais se sentiu soa, de feito, non o estivo nunca. Sombra e Bolboreta eran inseparables.

    ResponderEliminar
  16. Eu, que miraba embobado aquela preciosa bolboreta, e ela, que levaba un voar superior, delicado, un voar co que ao seu paso desprendía unha fragrancia que embelesaba a calquera. Caín namorado de aquela bolboreta de fina sombra ao instante como se dun feitizo se trátese.

    E nada máis ver a esa rapaza saír do autobús, decateime de que non volvería a ver xamais semellante beleza.

    NLE

    ResponderEliminar
  17. Era un precioso día de verán cando decidín ir a pasear polo monte. Cando decateime do moito tempo que levaba camiñando sen parar, decidin parar a descansar un pouco baixo a sombra das árbores. Ó estar tanto tempo sentado quedeime durmido. Cando espertei tiña unha bolboreta de cor naranxa enriba do meu zapato. Cando levanteime a bolboreta saiu voando e de súpeto a súa sombra comverteuse na sombra dun home.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario