Este recurso foi elaborado para traballar conxuntamente todos os contidos relacionados cos espazos naturais protexidos, as grafías e os fonemas e as unidades lingüísticas, ademais da comprensión lectora, a ampliación de vocabulario e a concienciación da diversidade lingüística.
O recurso está pensado para levar a cabo no 1º trimestre.
Foi elaborado para alumnado de Gondomar, polo que se partiu da realidade máis próxima, tomando como referencia unha especie en perigo de extinción que ten, entre os seus poucos hábitats, as illas Estelas que pechan a baía de Baiona.Pódese acceder no seguinte enlace.
Comentarios
Publicar un comentario