Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) de:
IES Escolas Proval (Nigrán), IES Plurilingüe Terra de Turonio (Gondomar)
CEIP Carlos Casares (Nigrán)
CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios (Nigrán)
IES Primeiro de Marzo (Baiona)
IES Val Miñor (Nigrán)
En colaboración cos concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona, convocan o
VI Certame de Micropoemas Beatriz da Serra
BASES:
1. Poderá participar o alumnado dos centros educativos do Val Miñor.
2. A participación no certame supón a aceptación destas bases.
3. Os poemas presentados deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre, e estarán escritos en lingua galega. Terán unha extensión mínima de 3 versos e máxima de 8. Cada participante presentará catro poemas.
4. Establécense as seguintes categorías:
a -alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria
b -alumnado de 1º, 2º, 3º de ESO e de FP básica
c -alumnado de 4º de ESO, 1º, 2º de bacharelato,ciclos formativos e ESA.
5. As obras propostas serán enviadas ao correo electrónico:
poesiaminhora@gmail.com
O envío incluirá dous documentos escritos en Arial 12, en formato PDF. Nun irán os poemas presentados, que deberán conter título ou lema. Noutro, figurarán o título da obra presentada e os datos persoais da autora ou autor (nome, apelidos, idade, curso, centro de estudos, teléfono de contacto, e enderezo postal).
6. A data límite para a presentación dos poemas será o 21 de marzo de 2025 ás 23:59 horas.
7. O xurado estará composto por cinco especialistas en literatura galega.
8. Os poemas premiados serán publicados nas webs dos centros convocantes e enviados aos medios dixitais do Val Miñor. Tamén se fará unha publicación impresa, que servirá para lembrar a Beatriz da Serra e para a difusión dos traballos premiados .
9. Establécense os seguintes premios en cada categoría:
1º premio: dotado con dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa e unha peza cerámica conmemorativa de Antón Román.
2º premio: dotado con dúas antoloxías poéticas das voces máis novas e certificación acreditativa.
10. Os premios serán entregados nun acto poético organizado polos centros e concellos convocantes.
11. Se o xurado o considera, poderá quedar algún premio deserto. Tamén poderá recomendar a publicación dalgún poema que destaque pola súa calidade entre os que non resulten premiados. Calquera incidencia non prevista nestas bases será resolta polo xurado.
12.O fallo do xurado será inapelable e farase público nas webs dos centros organizadores na primeira semana de abril.
Comentarios
Publicar un comentario